Abir unha tenda a granel: unha oportunidade para o 2026
Se algunha vez pensaches en abrir a túa propia franquía a granel, aquí tes algunhas vantaxes que podes considerar como oportunidade de traballo para 2026.
En primeiro lugar, os clientes son cada vez máis conscientes da importancia de mercar produtos a granel, tanto pola súa saúde como polo planeta. Trátase dunha tendencia crecente, e en O Graneiro de Amelia estamos moi comprometidos coa sustentabilidade e a redución de residuos. Pola nosa forma de traballar, apostamos por un modelo como o dos mercados tradicionais, onde o servizo é personalizado e temos unha comunidade local unida. Os nosos clientes valoran a profesionalidade e o coñecemento da orixe dos produtos de calidade que vendemos a granel. A fidelidade dos clientes é outro atributo co que podes contar dende o primeiro día coa túa propia franquía O Graneiro de Amelia.
O noso modelo está probado e as tendas teñen éxito, polo que non tes que preocuparte por comezar de cero. A nosa marca ten unha gran reputación en Galicia e sabemos que unha marca recoñecida inspira confianza inmediata.
Como lanzar con éxito a túa franquía en Galicia
Entendemos os desafíos aos que te podes enfrontar ao iniciar un negocio, xa que podes non estar familiarizado co sector, os provedores ou a loxística. Pero cando abras a túa franquía O Graneiro de Amelia, terás un apoio integral dende o principio, con formación personalizada e asistencia na tenda. Traballamos cun modelo probado e rendible.
E poremos os nosos coñecementos á túa disposición para que poidas integrar o sistema que che levará a un emprendemento exitoso.Tamén debes saber que te acompañaremos durante todo o proceso, desde a busca dunha localización ata o apoio en acordos con bancos para obter financiamento. Todo un proceso respaldado por unha marca consolidada e recoñecida polo público.
Se queres máis información sobre como abrir a túa propia franquía de O Graneiro de Amelia, escríbenos a expansion@ograneirodeamelia.com, chámanos ao 986 165 140 ou escríbenos un whatsapp ao 665 062 967 e informarémosche de todo.
Deixar un comentario