Franquicia a granel en Galicia: a experiencia real dos franquiciados de O Graneiro de Amelia
Se estás a buscar unha franquicia en Galicia rendible, sostible e con valores, coñecer a experiencia de quen xa deu o paso é clave. En O Graneiro de Amelia falamos cos nosos franquiciados para que conten, en primeira persoa, como é emprender dentro do sector da alimentación a granel.
Se estás valorando abrir unha tenda a granel en Galicia, o testemuño de Santi e Juanra, os nosos franquiciados en Santiago de Compostela, pode axudarche a decidir.
1. Por que vos interesou o sector da alimentación a granel e produtos ecolóxicos?
No noso caso partíamos como clientes e coñeciamos tanto o produto coma a filosofía que supón mercar neste tipo de establecementos. Filosofía que compartimos.
2. Por que escollestes O Graneiro de Amelia como franquicia para emprender?
Como dixemos antes, eramos clientes, sabiamos algo da súa historia e da súa forma de ser, e gustábanos. Ademais sendo unha cadea con tendas en activo por toda Galicia dábanos mais seguridade á hora de dar o paso.
3. Cales son as vosas expectativas?
Pois o tempo dirá a onde chegamos pero como mínimo diría conseguir manter a boa imaxe e o bo trato ao cliente por moito tempo... e conseguir ser un comercio de referencia da cidade!
4. Que tal a experiencia coa calidade do produto?
A verdade que moi boa (xa o coñeciamos como clientes). Son produtos de calidade e tanto nós coma dende a franquía estamos sempre atentos a manter esa calidade e sempre tentando ofrecer unha boa relación co prezo.

5. Cales son os produtos a granel máis demandados?
Os froitos secos sen lugar a dúbidas. Seguidos moi de cerca polas especias. Destacaría tamén as fariñas de trigo ou millo de muíño do país. E en nadal triunfan os polvoróns de espelta!
6. Como é a acollida dos produtos a granel nunha cidade como a de Santiago?
Pois a verdade que bastante boa. Compostela sempre tivo (e ten) esa idiosincrasia de aldea (ou de vila pequena) que pensamos que imprime na xente ese cariño polos produtos a granel, de calidade, ecolóxicos e de quilómetro cero. Ademais a xente está cada vez máis concienciada en evitar xerar residuos plásticos innecesarios.
7. Como é a vosa experiencia co equipo de O Graneiro de Amelia en canto ao acompañamento e asesoramento?
Partimos de que sen o seu acompañamento sería imposible ter chegado a este primeiro ano con tan boas expectativas. Foi imprescindible e é de agradecer sobre todo cando te metes nun sector totalmente novo para ti. Non temos máis que boas palabras. Nunca falta a axuda e o asesoramento cando se precisa.
Para nós é un orgullo contar con compañeiros así, comprometidos coa nosa filosofía e co coidado de cada cliente e que fan de O Graneiro de Amelia o seu propio proxecto. Por eso, seguimos na procura de emprendedores que compartan esta visión.
E ti, queres abrir unha franquicia de O Graneiro de Amelia en Galicia?
Se como Santi e Juanra, ti tamén queres emprender nun negocio rentable e che interesa o mundo do granel, o produto ecolóxico, o comercio sostible e o produto de proximidade, este pode ser o teu momento.
A nosa rede segue medrando en Galicia e buscamos persoas que:
- compartan a filosofía do consumo responsable
- queiran emprender con apoio
- busquen unha franquicia con valores
- queiran formar parte dun proxecto en expansión
Solicita información sen compromiso e descubre se O Graneiro de Amelia é a franquicia que estás a buscar.
Deixar un comentario