Condicións de envío

Envío do pedido

O ámbito territorial de entrega dos pedidos abrangue España Peninsular e Portugal Peninsular. O servizo de envío realízase a través da empresa de mensaxería GLS Spain.

O cliente deberá facilitar un enderezo de entrega no que sexa posible recibir o pedido en horario habitual de mañá e tarde. Unha vez confirmado o envío, o cliente recibirá por correo electrónico unha ligazón que lle permitirá realizar o seguimento do pedido.

No caso de que o enderezo facilitado polo cliente sexa incorrecto ou incompleto, O Graneiro de Amelia resérvase o dereito a repercutir ao cliente os custos adicionais derivados desta incidencia, conforme ao facturado pola empresa de transporte.

Se o pedido chegase deteriorado ou en condicións non óptimas, recoméndase rexeitar a entrega ou aceptala deixando constancia expresa do estado do paquete no xustificante de entrega do transportista. Así mesmo, aconséllase tomar fotografías do estado do envío para a súa posterior reclamación.

O cliente deberá comunicar a incidencia nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do pedido, contactando con O Graneiro de Amelia a través do teléfono 986 165 140 ou do correo electrónico tenda@amelia.gal, co fin de poder xestionar a correspondente solución.

Naqueles casos nos que os danos non sexan visibles externamente, o cliente deberá comunicar igualmente a incidencia nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do pedido, empregando os medios de contacto indicados anteriormente.

Recollida en tenda

Se o cliente desexa recoller o seu pedido nunha tenda de O Graneiro de Amelia, deberá seleccionar a opción “Recollida en tenda” e escoller o establecemento correspondente durante o proceso de compra. Este servizo é gratuíto.

Unha vez que o pedido estea preparado, o cliente será avisado para proceder á súa recollida.


Prazos de entrega

Envío mediante mensaxería

O prazo de entrega será de entre 24 e 72 horas hábiles desde a saída do pedido do almacén. O tempo de preparación do pedido pode variar en función das características do mesmo.

Días hábiles: de luns a venres, excluídos fins de semana e festivos.

Os pedidos realizados desde o xoves a partir das 12:00 horas ata o domingo comezarán a tramitarse o seguinte día hábil (habitualmente o luns).

No caso de que algún produto non puidese entregarse na data prevista, o cliente será informado con antelación. O cliente comprométese a atoparse dispoñible no enderezo indicado no momento da entrega.

Se a entrega é recibida por un terceiro no enderezo facilitado, O Graneiro de Amelia entenderá que dita persoa está debidamente autorizada, non podendo reclamarse posteriormente por entrega indebida.

No momento da entrega, o comprador deberá asinar o xustificante de recepción. Se o paquete presenta sinais de deterioro (roturas, humidade, manipulación ou reprecintado), é imprescindible deixar constancia desta circunstancia no xustificante do transportista e comunicar a incidencia a tenda@amelia.gal ou no teléfono 986 165 140 nun prazo máximo de 48 horas desde a recepción da mercadoría.

Recollida en tenda

Se se selecciona a opción de recollida en tenda, o pedido prepararase nun prazo aproximado de entre 24 e 48 horas desde a confirmación do pagamento.

Unha vez que o pedido estea listo, o cliente será notificado a través dos medios de contacto facilitados durante o proceso de compra. A recollida realizarase na tenda seleccionada no momento de tramitar o pedido.


Gastos de envío

Para cada envío aplícanse tarifas específicas dependendo do peso e o lugar de entrega, adecuadamente indicadas no cesto de compra e con antelación á confirmación do pago.

Os gastos de envío serán gratuitos en compras superiores a 40€.