Benvidos a O Graneiro de Amelia


Interior de la tienda O Graneiro de Amelia

A nosa historia remóntase moitos anos atrás e comeza con Amelia, avóa dun dos fundadores da marca, vendendo flores na Praza de Abastos de Pontevedra. Dende entón moito temos andado para poder ofrecer á xente un modelo de consumo diferente sen perder de vista o comercio tradicional, a granel e de mercado.

Hoxe, as ensinanzas de Amelia seguen sendo os piares que guían os nosos pasos: o trato cercano e personalizado, a excelencia dos nosos produtos, a importancia da nosa terra e, por suposto, o amor por todo o que facemos.


Os nosos produtos

Frutos secos a granel en O Graneiro de Amelia

Máis de 500 referencias

Especias, deshidratados, cereais, froitos secos, arroces, cafés, legumes, pastas, chocolates, herbas e tés, fariñas, algas, setas, cosmética... Traballamos sempre coa mellor calidade. Todos os nosos produtos cumplen coas cualidades imprescindibles de cultivo, fabricación e distribución que a nosa filosofía esixe.

Consumo responsable

o graneiro gutierrez

Libre de envases innecesarios

Apostamos por un modelo de consumo responsable, sostible e comprometido co medio ambiente. Traballamos pola reducción de plásticos e refugallos eliminando os envases innecesarios e vendendo as cantidades que o cliente precisa.

Trato personalizado

jengibre deshidratado a granel

Comprometidos contigo

Retomamos a antiga tradición de compra a granel para ofrecer ao cliente unha experiencia de compra próxima e personalizada.Queremos recuperar a antigua tradición da compra a granel, onde ir a comprar é unha mestura de boas sensacións, un oasis nas nosas vidas a contrarreloxo.